Ola a todos e a todas! Somos a grupo de maiores do campamento deportivo de Carral.
O pasado mércores día 1 de xullo comezamos esta marabillosa aventura.
Estámolo pasando moi ben, comezamos o campamento con xogos de presentación para coñecernos, estamos todos encantados cos compañeiros e compañeiras do grupo, todos nos levamos xenial!
Tamén realizamos diferentes xogos e actividades deportivas. Os que máis nos gustaron foron o xogos do “Bote bote”, “Atrapa a bandeira” e “Brilé” e tamén as actividades de iniciación deportiva de fútbol e baloncesto.
Deixámosvos algunha fotografía das actividades que levamos a cabo para que vexades o ben que o pasamos!
Volveremos por aquí dentro de pouco para contarvos máis sobre o campamento deportivo de Carral!
Unha aperta!
Firmado:
Os maiores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario