viernes, 10 de julio de 2020

Os máis pequenos volvemo ó ataque.

Ola de novo!
Estamos na segunda semana do campamento e estámolo pasando xenial!
Disfrutamos moito desta xornada xa que está chea de obradoiros, xogos moi divertidos, excursións, ademáis de coñecer novos deportes, como por exemplo o baseball e o fútbol americano, co que disfrutamos moitísimo.
Na excursión a Orballo coñecimos diversas plantas, infusións, animáis, e ata a casa dos morcegos. FOI UNHA PASADA!
Tamén recibimos a visita dos xogadores de Towers football, fixemos unhas dinámicas para quentar os músculos do noso corpo, despois traballamos as destrezas e habilidades básicas necesarias para poder realizar este deporte.
O máis importante deste capamento é que estamos aprendendo un montón de cousas: estamos aprendendo a esperar a nosa quenda, a xogar todos xuntos, a compartir e que os xoguetes xa que son para todos, a pensar en equipo e o mellor: a disfrutar cos nosos compañeiros e monitores do campa.












No hay comentarios:

Publicar un comentario

FINALIZAMOS O CAMPA!!!

Dende aquí queremos agradecer a todos os pais/nais e familiares a implicación ao longo do campamento e  de darlles aos seus fillos a oportun...