viernes, 10 de julio de 2020

Os pequenos plus non paramos de aprender

Xa estamos a rematar unha semana moi axetreada, na cal aprendimos os diversos deportes de balón, tales como o Tchouckball, baloncesto, beisbol, futbol e como momento estelar os xogadores do Towers Football (clube de football americano), deronos unha clase maxistral de este deporte tan descoñecido neste país, aprendemos a lanzar o balón, a recivilo e incluso a como correr con el entre obstáculos, tremenda aventura!!
Tamén tivemos unha semana creativa creando varias composición con revistas, periódicos, fíos, cores e moito moito pegamento, estamos feitos uns artistas de coidado!
E para rematar tivemos unha excursión a orballo, unha increíble granxa ecolóxica, na cal nos ensinaron a como cuidar as prantas e animais sen usar produtos tóxicos con eles para así cuidar a nosa saúde e a da nosa familia.
Agora toca descansar para chegar coas pilas cargadas para a próxima a semana, a cal depararanos moitas sorpresas e actividades!!


Aprendimos a convivir co coronavirus, ben ordeados a hora de merendar, estaba todo delicioso!!!!

1 comentario:

FINALIZAMOS O CAMPA!!!

Dende aquí queremos agradecer a todos os pais/nais e familiares a implicación ao longo do campamento e  de darlles aos seus fillos a oportun...